Aínda que pasou por graves dificultades económicas, desde a súa fundación mostrou ser unha institución moi activa levando a cabo múltiples actividades culturais e recreativas, tales como – clases de bailes rexionais, clases de historia galega, conferencias, películas, clases de música, excursións, visitas a monumentos históricos,Certames literarios,festas e actividades deportivas, etc.
O seu grupo artístico «Follas Novas» actúa en todas as celebracións da entidade e ten participado en diversos concursos e festivais. No ano 2001 por exemplo participaron no Festival de baile de Rotterdam, onde obtivo o 1º premio e no Campionato Europeo de Frankfurt onde acadaron o 4º premio. Teñen actuado tamén en diversas cidades de Alemania como München, Nürenberg, Cuxhaven, Trier, etc, países como Suiza, Holanda, Luxenburgo, Francia, España……En Estrasburgo actuaron para o emblemático Manuel Fraga Iribarne.
Entre as celebracións do centro destacan as Festas de Reis Magos e festa do Nadal, os Carnavais con concursos gastronómicos e premios para os mellores entroidos, San Xosé, Día do pai e a nai, o Día das Letras Galegas, o tradicional Magosto, intercambios culturais, etc; pero o evento máis importante que realiza o Centro Galego de Frankfurt é a Semana Cultural Galega no corazón da cidade durante catro días apróximadamente. Durante estes días miles de persoas disfrutan da boa música galega, da boa cociña, da oferta cultural e turística galega e do esforzo e traballo que realizan dende a Diáspora para amosar as nosas raíces .
En novembro de 2003 o seu presidente naquel intre, Ramiro asistíu ó VII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, celebrado na cidade de Bos Aires (Arxentina), e tamén participou, ó ano seguinte nos diversos actos celebrados en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de agosto do 2004 con motivo do IV Día da Galicia Exterior.No ano 2012 asistirá Alexandra Plaza, vicepresidenta do centro, ó X Consello da lei de Galeguidade que se celebrará os días 27,28 e 29 de xuño en Santiago de Compostela.